E ahora vamos con....
O LANZAMENTO DA XAVELINA: TÉCNICA
O atleta colocarase coa mirada á fronte, o madeiro ergueito e coa xavelina suxeita pola encordadura dalgunha das formas antes sinaladas, descansando sobre a palma e eixe lonxitudinal da man, e aproximadamente á altura da tempa.
Tras estar correctamente colocado efectúase unha carreira na cal se intentará conseguir a maior velocidade posible. A continuación realízanse os denominados "pasos especiais". O 1º paso é longo, o 2º curto e o 3º similar aos da carreira. O 4º é o máis longo e é un paso cruzado. O 5º é normal.
Vexamos este penúltimo paso con máis detemento:
Longo pero non alto.
Perna dereita "cruza" por diante da esquerda
Tronco queda atrasado con respecto ás pernas
Perna dereita apoia en flexión
Perna esquerda vai cara a adiante rápida e estendida
Apoia talón
Para rematar co lanzamento...
A perna esquerda flexiónase lixeiramente e simultáneamente ábrense o brazo e o ombro esquerdo, atrasándoos lixeiramente. Seguidamente o lanzador monta o seu corpo sobre a perna esquerda, adianta o brazo dereito co cóbado por enriba do ombro e lanza a xavelina. Para non se saír do arco regulamentario, adianta a súa perna dereita para apoiala flexionada e transversal á dirección de lanzamento, e a perna esquerda levántase atrás equilibrando.
No hay comentarios:
Publicar un comentario